Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Voto do persoal embarcado

ESTE PROCEDEMENTO DE VOTO PODERÍA SUFRIR MODIFICACIÓNS NOS PRÓXIMOS DÍAS POR CAUSA DA INTRODUCIÓN DE MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE DERIVADAS DA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA

Electores/as

Considerarase persoal embarcado:

  • Mariña mercante ou frota pesqueira de altura abandeiradas en España.
  • Persoal que permaneza embarcado desde a convocatoria de eleccións até a súa realización e que durante este tempo arribe a porto, previamente coñecido, dentro do territorio nacional.

 

Procedemento

É unha variante do voto por correo con algunhas especialidades. O/a elector/a solicita o certificado de inscrición no Censo electoral e a documentación para exercer o dereito de sufraxio á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral onde o/a elector/a está inscrito/a por radiotelegrafía, correo electrónico ou fax.

Na mensaxe deben constar os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do/a solicitante.
  • Número de DNI.
  • Data de nacemento.
  • Provincia e municipio de nacemento.
  • Municipio de residencia no que está incluído no censo electoral.
  • Rúa e número do seu domicilio.
  • Nome do buque no que se atopa embarcado.
  • Porto ou portos en que teña prevista a súa arribada o buque con indicación das datas concretas en que esta se produza.

No caso de que se poida recibir a documentación electoral por medio doutro buque, indicaráselle ao armador, consignatario ou buque onde debe ser enviada.

A delegación provincial da oficina do censo electoral correspondente, comprobada a inscrición do/a interesado/a, considerará como recibida a solicitude e procederá a remitir a documentación ao porto ou, no seu caso, ao armador, consignatario ou buque que o/a elector/a designase.

O/a elector/a tras recibir a documentación, remitirá por correo certificado e urxente, desde calquera dos portos nos que o buque atraque, a documentación electoral á mesa electoral na que lle corresponda votar.

 

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí