Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Dereitos laborais

Os designados como persoas integrantes de mesa para as eleccións, deberán cumprir coas súas obrigas o día da votación, con independencia da xornada de traballo do día anterior.

Os traballadores/as por conta allea e os funcionarios nomeados teñen dereito a un permiso retribuído da xornada completa durante o día da votación, se é laborable. En todo caso, teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

Para facilitar o cumprimento dos deberes das personas integrantes da mesa, a quenda de noite que comeza o día da xornada electoral computarase como xornada laboral do día electoral, e o dereito de redución de 5 horas da xornada de traballo pode exercerse na quenda de noite seguinte do traballador, a condición de que esta quenda se inicie o día inmediatamente posterior ao das eleccións.


Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí