Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Presentación de candidaturas

Os partidos, federacións, coalicións e agrupacións que pretendan concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia designarán ás persoas que deban representalos ante a administración electoral como representantes xerais ou de candidaturas.

Os partidos, federacións, coalicións e agrupacións que pretendan concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia designarán, por escrito, ante a Xunta Electoral de Galicia un/unha representante xeral, antes do noveno día posterior á convocatoria de eleccións (nestas eleccións, convocadas para o 12 de xullo, ata o 27 de maio).

Cada un dos representantes xerais designará, antes do undécimo día posterior á convocatoria (neste proceso, ata o 29 de maio), ante a Xunta Electoral de Galicia, ós/ás representantes das candidaturas que o seu partido, federación, coalición ou agrupación presente en cada unha das circunscricións electorais.

No prazo de dous días, a Xunta Electoral de Galicia comunicará ás Xuntas Electorais Provinciais os nomes dos representantes das candidaturas correspondentes á súa circunscrición.

As candidaturas subscritas polos representantes dos partidos, federacións, coalicións e agrupacións deben presentarse ante as Xuntas Electorais Provinciais nun prazo comprendido entre o décimo quinto e o vixésimo día posterior á convocatoria. Nestas eleccións, o prazo para a presentación de candidaturas iníciase o día 3 de xuño e finaliza o 8 de xuño.

Para que un partido político ou federación poida presentar unha candidatura, abonda con que estea inscrito no rexistro regulado pola Lei orgánica 6/2002, do 27 de xuño, e que esa inscrición non sexa cancelada antes do día da votación.

O escrito de presentación de cada candidatura debe expresar claramente a denominación, siglas e símbolo do partido, federación, coalición ou agrupación que a promove.

As candidaturas para as eleccións ao Parlamento de Galicia deben presentarse coas listas ordenadas de candidatos/as, cos seus nomes e apelidos e coa declaración de cada un deles aceptando a súa inclusión, incluíndo tanto os candidatos/as como deputados/as a elixir na circunscrición, e cinco suplentes como máximo. De sumarse, ademais, para cada candidato/a, unha fotocopia do documento nacional de identidade, unha declaración de non estar incurso en ningunha causa de ilegibilidad, e unha certificación acreditativa da súa inscrición no Censo electoral.

Son causas de ilegibilidad o desempeño de determinados cargos públicos, así como a condena en sentenza firme a pena privativa de liberdade, no período que dure a pena e, aínda que a sentenza non sexa firme, a condena por delitos de rebelión ou, no caso de membros de organizacións terroristas, a condena por delitos contra a vida, a integridade física ou a liberdade das persoas.

Ningún candidato/a pode presentarse en máis dunha circunscrición nin formar parte de máis dunha candidatura.

As Xuntas Electorais competentes realizan a proclamación de candidatos o vixésimo sétimo día posterior á convocatoria, neste caso, o día 15 de xuño.

As candidaturas proclamadas deben ser publicadas o vixésimo oitavo día posterior á convocatoria, neste caso o 16 de xuño.

Aquelas formacións políticas que desexen concorrer ás próximas Eleccións ao Parlamento de Galicia:

Deberán presentar o correspondente formulario de Presentación de Candidatura debidamente cumprimentado ante as Xuntas Electorais Provinciais: Deberán presentar el correspondiente formulario de Presentación de Candidatura debidamente cumplimentado ante las Juntas Electorales Provinciales: EPG 3.3 Presentación de candidatos/as ao Parlamento de Galicia (versión dixital) ; EPG 3.4 Presentación de candidatos/as ao Parlamento de Galicia por agrupación de electores (folla de sinaturas - versión dixital)

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí