Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Campaña electoral

O conxunto de actividades de propaganda levadas a cabo polos candidatos/as para a captación de sufraxios constitúe a Campaña Electoral.

A Campaña Electoral está regulamentada co obxectivo de garantir a todas as candidaturas unhas condicións mínimas para comunicar ao electorado o seu programa electoral e a personalidade dos/as candidatos/as que presentan nas súas listas.

A Campaña Electoral ten unha duración de quince días, comezando ás 00:00 do trixésimo oitavo día posterior á convocatoria, neste caso dará comezo o 26 de xuño e terminará ás 24 horas do 10 de xullo.

Fóra dese período de campaña, unha vez convocadas as eleccións, os partidos e candidaturas non poden difundir propaganda electoral nin realizar acto ningún de Campaña Electoral. O día previo á votación considérase “xornada de reflexión”, e por tanto durante este día como durante a propia xornada electoral, está prohibido realizar calquera tipo de actividade publicitaria para influír no voto dos electores.

Para que todas as candidaturas teñan oportunidade de comunicar as súas propostas e programas electorais, os poderes públicos poñen á súa disposición, de forma gratuíta, locais e lugares públicos para a realización de actos electorais, emprazamentos para publicidade exterior (valos e carteis), e espazos publicitarios nos medios de comunicación de titularidade pública.

Así mesmo, todos os concellos teñen o deber de ceder, para a celebración de actos electorais, con carácter gratuíto, locais oficiais e lugares públicos adecuados para iso. A relación de locais e lugares, cos días e horas nos que estarán dispoñibles para este uso, terá que ser publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP), dentro dos quince días seguintes á convocatoria (neste proceso electoral, o prazo para a publicación no BOP dos locais e lugares finaliza o 3 de xuño). A partir de entón, os/as representantes das candidaturas solicitarán o uso destes locais e lugares para os seus actos de propaganda, realizando a distribución as xuntas electorais de zona.

Todos os concellos habilitarán e cederán tamén, con carácter gratuíto, espazos adecuados para o emprazamento de publicidade exterior. Como no caso dos locais, os/as representantes das candidaturas solicitarán o uso destes espazos e a súa distribución será realizada polas xuntas electorais de zona.

Pola súa banda, os medios de radiodifusión e televisión de titularidade pública teñen o deber de ceder gratuitamente espazo de emisión ás candidaturas durante a Campaña Electoral, de acordo cun programa fixado polas Xuntas Electorais. Así mesmo, durante todo o proceso electoral todos os medios de comunicación de titularidade pública teñen o deber de gardar nas súas informacións unha estrita neutralidade, que está garantida, ademais, pola posibilidade de recorrer as decisións dos seus órganos de control ante as Xuntas Electorais. Fóra deste programa de espazos gratuítos, está prohibida a contratación comercial de publicidade electoral en todos os medios de comunicación de titularidade pública. Tamén está prohibida a contratación de espazos para publicidade electoral nas televisións privadas.

A distribución dos espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación públicos nos distintos ámbitos de programación que estes teñan efectuarase de acordo ao seguinte baremo:

1. Na TVG:

    • Dez minutos para os partidos, federacións e coalicións que non concurriran ou obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia.
    • Vinte minutos para aqueles que, obtivéndoa, non alcanzaran o 5 % do total de votos válidos emitidos na Comunidade Autónoma.
    • Trinta minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia e alcanzaran entre o 5 e o 15 % do total de votos ao que se fai referencia no apartado precedente.
    • Corenta e cinco minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia alcanzaran, ao menos, un 15 % do total de votos ao que se fai referencia no parágrafo b.

2. Na Radio Galega:

    • Trinta minutos para os partidos, federacións e coalicións que non concurriran ou obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia.
    • Corenta minutos para aqueles que, obtivendoa, non alcanzaran o 5 % do total de votos válidos emitidos na Comunidad Autónoma.
    • Sesenta minutos para os partidos, federacións y coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia e alcanzaran entre o 5 e o 15 % do total de votos ao que se fai referencia no apartado precedente.
    • Oitenta minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia e alcanzaran, ao menos, un 15 % do total de votos ao que se fai referencia no apartado b.


O dereito aos tempos de emisión gratuíta, numerados no apartado anterior, so corresponde aos partidos, federacións e coalicións que presenten candidatura, ao menos, en tres circunscricións electorais da Comunidade Autónoma.
As agrupacións de electores que se federen para realizar propaganda nos medios da Compañía de Radio e Televisión de Galicia terán dereito a quince minutos na Televisión de Galicia e corenta minutos na Radio Galega de emisión, se cumpren o requisito de presentación de candidaturas esixido no apartado 2 precedente deste mesmo artigo.


3. Na Televisión Española en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia (Art 64 da Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de réximen electoral xeral)

A distribución do tempo gratuito de propaganda electoral en cada medio de comunicación de titularidade pública e nos distintos ámbitos de programación que éstos tenñan, efectuase conforme ao seguinte baremo:

    • Dez minutos para os partidos, federacións e coalicións que non concorreron ou non obtiveran representación nas anteriores eleccións equivalentes.
    • Quince minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións equivalentes, non alcanzaran o 5 % do total de votos válidos emitidos no territorio nacional ou, no seu caso, nas circunscricións á que fai referencia o artigo 62.
    • Trinta minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións equivalentes, alcanzaran entre o 5 e o 20 % do total de votos ao que se fai referencia no parágrafo b).
    • Corenta e cinco minutos para os partidos, federacións e coalicións que obtiveran representación nas anteriores eleccións equivalentes, alcanzaran, ao menos, un 20 % do total de votos ao que fai referencia o parágrafo b).


O dereito aos tempos de emisión gratuíta numerados no apartado anterior so corresponde a aqueles partidos, federacións ou coalicións que presenten candidaturas en máis do 75 % das circunscricións comprendidas no ámbito de difusión ou, no seu caso, de programación do medio correspondente. Para as eleccións municipais estarase ao establecido nas disposicións especiales desta Lei.

Os partidos, asociacións, federacións ou coalicións que non cumpran o requisito de presentación de candidaturas establecido no apartado anterior teñen, sen embargo, dereio a quince minutos de emisión na programación xeral dos medios nacionais se obtiveran nas anteriores eleccións equivalentes o 20 % dos votos emitidos no ámbito dunha Comunidad Autónoma en condicións horarias similares ás que se acorden para as emisións dos partidos, federacións e coalicións á que se refire o apartado 1.d) deste artigo. En tal caso a emisión se circunscribirá ao ámbito territorial de dita Comunidade. Este dereito non é acumulable ao que prevé o apartado anterior.

Ás agrupacións de electores que se federen para realizar propaganda nos medios de titularidade pública terán dereito a dez minutos de emisión, se cumpren o requisito de presentación de candidaturas esixido no apartado 2 deste artigo.

Para a determinación do momento e orden de emisión dos espazos gratuítos de propaganda electoral a que se refire este artigo, a Xunta Electoral de Galicia terá en conta as preferencias dos partidos, federacións ou coalicións en función do número de votos que obtiveran nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia.

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí